Perigo na “Senda Ciclista” do concello de Dodro

por 21 Noticias

O goberno do Concello de Dodro está a rectificar os redutores de velocidade da “Senda Ciclista” que percorre o concello entre Bexo e Lestrobe despois de que os primeiros non cumprisen coas condicións técnicas do proxecto. Agora os novos redutores non respectan o paso dos ciclistas pola marxe de seguridade e deixan como paso un simple “rego” de apenas uns quince centímetros que nin é recto.  Ante as numerosas queixas dos ciclistas usuarios da senda, a Unidade Veciñal de Dodro xa se puxo en contacto co alcalde de Dodro para facerlle saber que este tipo de redutores é unha verdadeira trampa para os ciclistas e a contestación foi que será o técnico director de obra quen certificará a mesma.

Tamén, a Unidade Veciñal de Dodro se puxo en contacto con varias asociacións de ciclistas e o Club Ciclista Padronés para facerlle ver como vai quedar a “Senda Ciclista” para que tomen as medidas pertinentes.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario