A medalla de ouro conseguida nas Olimpíadas en baloncesto 3×3, animou a participación de moitos deportistas, que este ano alcanzou o seu récord de participación con 38 equipos inscritos de distintos puntos de Galicia.
O evento conta co apoio da Xunta de Galicia, celébrase no marco das festas patronais e constitúe unha das citas deportivas de maior relevancia da localidade.
A competición organízase en tres categorías por tramos de idade. A de maior concorrencia será a senior, na que participan 20 equipos formados por xogadores de 17 anos ou máis. En menores hai dúas categorías: 8 equipos disputarán a primeira, para integrantes de entre 12 e 16 anos, e 10 a segunda, para os que teñen entre 9 e 11 anos.
Javier Arias destacou “o poder de convocatoria do torneo, froito de anos de traballo e dunha traxectoria ascendente que o levou a converterse nun dos eventos de referencia do deporte do baloncesto na provincia”.