Ameijide lembra que “estas vías comunican varios núcleos de poboación, serven de acceso á prisión de Bonxe e a un ximnasio polo que son estradas moi concorridas e, nas condicións nas que se atopan actualmente, supoñen un importante perigo para condutores, vehículos e veciños da zona”
O portavoz provincial do PP, Antonio Ameijide, e o alcalde de Outeiro de Rei (tamén deputado provincial), José Pardo, atenderon as queixas de veciños e veciñas do municipio afectados polos innumerables baches das vías LU-P-3906 e LU-P-3907 que incluso sinalizaron para velos e poder esquivalos. Este estado de “total abandono” nas vías provinciais contrasta co bo estado que presenta, por exemplo, a parte da primeira estrada que é de titularidade municipal.
Ameijide pregúntase se non lle dará vergoña ao presidente da Deputación Provincial, José Tomé, a diferenza que se aprecia na comparación entre o estado das vías municipais que o Concello mantén en bo estado fronte ao estado intransitable das estradas que con competencia da Deputación de Lugo no municipio de Outeiro de Rei”.
Pardo subliña que “a Deputación de Lugo, con gobernos do PSOE e BNG, non fixo nin un asfaltado integral nas vías do municipio de Outeiro de Rei. Fai anos que non se renovan as estradas da Deputación no noso concello”.
Os populares súmanse ás reivindicacións dos veciños polo estado “intransitable e perigoso” destas vías que discorren, entre outras, polas parroquias de Mosteiro e San Fiz de Paz.
Antonio Ameijide lembra que “estas vías comunican varios núcleos de poboación e tamén serven de acceso á prisión de Bonxe e a un ximnasio polo que son estradas moi concorridas. Precisamente ese volume de tráfico incrementa o seu desgaste e, nas condicións nas que se atopan actualmente, supoñen un importante perigo para condutores, vehículos e veciños da zona”.