Paco Lodeiro, Rosa Cedrón, Miguel Ladrón de Guevara e Xurxo Souto, actuarán o domingo día 18, ás nove da noite, na Praza de María Pita

por 21 Noticias

O domingo día 18, ás nove da noite, a praza de María Pita vestirase de gala para escoitar a Paco Lodeiro, Rosa Cedrón, Miguel Ladrón de Guevara e Xurxo Souto, as súas cancións darán esplendor “A Noite das Cancións Extraordinarias«

Paco Lodeiro fará encaixes ca súa voz, encherá todos os recunchos da Praza, interpretando as coñecidas cancións de Pucho Boedo. A tarde noite será de estrelas, cancións extraordinarias nas voces dos artistas coruñeses Rosa Cedrón, Miguel Ladrón de Guevara e Xurxo Souto.

Non podía faltar unha selección de boleros clásicos, lembrando a unha voz inesquecible, como foi a de Sito Sedes, recentemente falecido.
E a música a poñerán os músicos da Banda Municipal de Música da Coruña, acompañando en directo a Paco Lodeiro, Rosa Cedrón, Miguel Ladrón de Guevara e Xurxo Souto, baixo a dirección de JM Romero.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario