A tradicional degustación será ás 19.00 horas na cúpula do parque de Eirís.
O vindeiro martes 20 de agosto celebrarase, un ano máis, a Festa da Fresa, que está enmarcada dentro das Festas nos Barrios promovidas polo Goberno de Inés Rey para expandir o ocio a toda a cidade durante estas Festas de María Pita. Haberá numerosas actividades para todos os públicos durante a tarde e a noite.
A xornada comezará coa actuación dun grupo de baile e música tradicional ás 17.00 horas. Todas as actividades terán lugar na contorna da cúpula do parque de Eirís. Tamén ás 17.00 horas haberá un paseo guiado pola horta municipal baixo o nome de ‘Leira das Freces’.
Durante a xornada haberá dúas actuacións especiais para o público infantil que forman parte do programa Cascarillarte, das Festas de María Pita. A primeira será ás 18.00 horas, cando actuarán Títeres Micromina co seu espectáculo ‘Raio The Loubican’. Ás 19.30 será a quenda de Maga Fani con ‘Maxia Rebuldeira de Rúa’.
Ás 18.00 horas terá lugar o VII Torneo de Fútbol Festa da Fresa. Xogarán ás 18.00 o Eirís SD cadete fronto ao Liceo Monelos, ás 21.00 horas o Eiris SD feminino fronte ao Oseiro e ás 22.00 horas o Eirís SD absoluto fronte ao Liceo Monelos.
Ás 18.30 horas abrirase a exposición das fresas das colaboradoras e ás 19.00 horas será o prato forte da xornada coa degustación gratuíta de fresas na cúpula de Eirís. A xornada rematara cun concerto de Lidia Sueiro ás 21.30 e cunha verbena coa orquestra Foliada D’ases.