José Manuel Gómez Puente amosa «a nosa firme repulsa» ao intento da señora alcaldesa e do BNG de silenciar á oposición ao negar o debate de cuestións que afectan a todos os veciños de Barreiros: «en política hai que deixar falar a xente e logo que voten o que consideren»
José Manuel Gómez Puente sinala que a moción presentada tiña como fin que Costas actúe e garanta a seguridade e o acceso a este areal que «é un monumento natural» do municipio e dos seus veciños pero a señora alcaldesa afirmou que «non era importante» negando o debate
· Os populares recordan que os plenos están para debater asuntos que interesan a todos os veciños e non só o que interesa ao goberno local e o problema de San Bartolo «aféctanos a todos»
· Os concelleiros do PP de Barreiros realizaremos unha recollida de sinaturas: «dado que nin BNG nin PSOE queren defender un interese xeral da veciñanza, apoiarémonos nos propios veciños para acadar a seguridade necesaria nesta praia para volvera disfrutar todos dela»