O Mercado Municipal de Lugo acolle o I Foro de La

por Redacción Lugo

Cristina López, edil de Participación, presentou esta mañá o encontro, que terá lugar a fin de semana do 14 ao 15 de setembro.

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, xunto coa Concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López e o Vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, presentaron o I Foro da La, actividade organizada pola Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galiza (Ovica) para dar visibilidade ao problema da xestión da la e potenciar o seu uso como materia prima. O encontro, que se celebrará a fin de semana do 14 e 15 de setembro no Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros contará cunha feira de la e de produtos feitos con ela xunto cunha exposición de proxectos que xiren arredor desta materia prima.

Cristina López destacou o traballo realizado pola área de Participación «en organizar diversas actividades na Praza e no Mercado ao longo do ano”. López destacou que este ano se realizaron exhibicións de cociña, obradoiros infantís, visitas escolares ou campionatos deportivos «para achegar á veciñanza a estas instalacións e dar a coñecer os distintos negocios que acollen», explicou López.

A edil de Participación afirmou que «seguimos traballando para traer a estas dúas instalacións as mellores actividades», e anunciou que «nas vindeiras semanas anunciaremos a programación dos novos obradoiros
infantís, unha actividade que permite facilitar a conciliación familiar con preto de 600 nenas e nenos na primeira metade do ano». López agradeceu «a implicación» dos distintos negocios da Praza e do
Mercado coa promoción deste espazo no obxectivo de «facer da Praza e do Mercado lugares de referencia para o comercio local, poñendo novos servizos a disposición de toda a veciñanza para que decidan achegarse a estas instalacións a facer as súas compras».

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario