A iniciativa da Xunta promove o consumo de produtos do mar, impulsa a súa venda e pon en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitou este mércores a campaña GALICIA SABE AMAR da Consellería do Mar que chegou á cidade para promover o consumo de peixes e mariscos. Tres das catro foodtruccks que percorren todo o territorio nacional repartirá petiscos de forma gratuíta na zona do Paseo das Avenidas, fronte ao Real Club Náutico, con horarios de 11:00 a 14:00 e de 19:00 a 22:00 horas.
Esta iniciativa da Consellería do Mar pretende mostrar a versatilidade dos produtos acuícolas e poñer en valor o traballo das xentes do mar que traballan na extracción, produción, comercialización e transformación das distintas especies para a súa posta a disposición dos consumidores; en definitiva, da cadea mar-industria.
En total, son catro foodtrucks as que están a percorrer Galicia, preferentemente os concellos de máis de 1.000 habitantes. O número mínimo de degustacións totais que realizarán son 600, en 2024, e 800, en 2025. A campaña está apoiada con distinto material promocional, a través do que se informa aos destinatarios sobre a importancia social e económica do sector do mar; se pon en valor a actividade da pesca e o marisqueo en Galicia; se promove unha xestión sostible dos recursos tanto dende o punto de vista económico, como ambiental e social; e se garante a trazabilidade dos produtos pesqueiros e a súa seguridade alimentaria.