- Ante as declaración da responsable da Casa da Muller, a edil popular, Aurora Goás, demanda rigurosidade nos datos. Ángeles Novo falsea os datos xa que o Concello de Lugo recibiu da Xunta de Galicia en 2024 case 100.000€ para os gastos de persoal da Casa da Muller e para gastos correntes en vivendas tuteladas.
Mellora vivendas de acollida.
- A Xunta de Galicia ofertou ao Concello de Lugo 500.000€ dos fondos MRR, Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, pero o goberno local unicamente solicita 365.000€. Chama a atención que se queixen de falla de fondos cando non son quen de aproveitar aqueles que teñen á súa disposición.
- Os importes solicitados polo Concello de Lugo destinaranse a melloras nas vivendas de acollida. A licitación foi publicada o día 16 de agosto cun prazo de execución de 60 días o que indica que o goberno municipal non foi especialmente dilixente na tramitación do convenio.
Casa da muller
- A día de hoxe a Casa de Muller ten unha carencia importante de persoal xa que non ten psicólogo dende hai dous anos e o asesor xurídico está próximo á xubilación.
- Faise preciso cubrir os postos de traballo á maior brevidade así como establecer as medidas oportunas para que a cobertura dos postos de traballo se faga coa maior brevidade.
VIOGÉN.
- Lugo é a única gran cidade de Galicia que non está adherida ao VIOGÉN.
- PP leva dende o 2019 reclamando a necesidade de sumarse a este sistema policial centralizado no Ministerio de Interior, destinado ao seguimento e protección das mulleres vítimas de violencia de xénero e dos seus fillos e fillas. Durante estes anos o goberno local anunciou os trámites para a súa adhesión por diferentes vías (prensa, redes…) pero en pleno e comisión solo expoñen escusas