Pablo Rivera Capón: «O Alcalde de Castro de Rei impediu a construción do Centro de Refuxiados de San Rafael»

por 21 Noticias

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, explicou este venres que a institución provincial remitiu toda a documentación necesaria ao Concello de Castro de Rei e a solicitada polo Ministerio, polo que “o Alcalde mente porque é o único responsable de que este proxecto non vai adiante”

A Deputación remitiulle ao Concello de Castro de Rei o proxecto de segregación co obxectivo de que se expedira a declaración de innecesariedade de licenza municipal, tal e como establece o artigo 150.6 b) da Lei 2/2016 do Solo de Galicia. Transcorridos tres meses, a Deputación solicitoulle ao Concello a certificación de silencio administrativo positivo, pero non contestou ata seis meses despois

– “O Ministerio viuse na obriga de renunciar a este proxecto de 17M€ polas trabas e problemas que se lle poñía dende o Concello para poder desenvolver esta iniciativa social, pois dilatar máis no tempo o proceso podería implicar que non se cumpran os prazos de execución deste proxecto”, afirmou o Deputado

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario