O PP pregunta a José Tomé se ten algo contra Aspnais, entidade á que en cinco anos nin recibiu nin visitou e coa que non cumpre os acordos anteriores

por 21 Noticias

Antonio Ameijide amosouse moi preocupado polo camiño tomado polo presidente da Deputación con esta entidade social e sen ánimo de lucro coa que non está a cumprir os acordos tácitos asumidos polos anteriores presidentes socialistas e á que, ademais, se nega a pagar os encargos realizados dende a institución provincial hai varios anos.

Os populares explican que os predecesores de Tomé no cargo chegaran a acordos con Aspnais para que a Deputación asumise o mantemento das zonas verdes dos espazos que ocupan pero «agora vemos con moita preocupación como, sen mediar palabra, Tomé remitiu a cobro oito anos de coidados de xardíns a Aspnais, sen ter nin a deferencia de convocar a Comisión de Seguimento do acordo de cesión do Hospital de San José, negándose ademais a recibir ou visitar esta institución durante todos os seus mandatos

·       Antonio Ameijide tamén fai referencia ao encargo realizado por un funcionario provincial e un deputado de goberno a esta entidade de material promocional cun custe de 18.250€ e que «nunca chegaron a recoller nin a pagar dende o Goberno Provincial» co enorme dano económico que isto supón para Aspnais

·       O popular pregunta a José Tomé «que ten contra esta entidade» xa que nos cinco anos que leva na presidencia da Deputación aínda non atopou oco na súa axenda para visitar a esta entidade nin para recibilos nalgunha das xuntanzas solicitadas polo seu presidente «ás que sempre enviou a algún deputado no seu lugar», nun caso a Pablo Rivera e noutro a Pilar García Porto, xuntanzas tralas cales a actuación da Deputación de Lugo non se correspondeu co falado nas mesmas

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario