Presentación na libraría Rosalía de Castro de Portomarín do libro, La niña que quería ser pájaro, de Pura López

por 21 Noticias

A presentación será o domingo 25 de Agosto, ás 18:00h. na Librería Rosalía de Castro (Rúa Compostela, 6) de Portomarín.

A escritora Pura López, natural da parroquia de San Martiño no Concello do Páramo, presenta a súa primeira obra en Portomarín días despois de facer o propio no Concello do Páramo. Este libro, editado por Círculo Rojo Editorial, e que xa vai pola segunda edición, narra a historia da loita dunha muller por alcanzar os seus soños e ilusións; unha lección de tesón, perseveranza e humanidade. A historia dunha nena dunha pequena aldea do interior de Galicia, que tras emigrar a Barcelona consegue cumprir os sonos que tiña de nena.

«Decidimos realizar esta presentación para dar a coñecer a publicación dunha persoa moi próxima a nós, que nunca esqueceu a súa terra e que todos os anos nos visita cando volve ao concello veciño do Páramo. Ademáis, esta é a historia de miles de persoas que tiveron que abandonar a súa terra para poder desenvolver unha carreira profesional plena, é a historia de moitos dos nosos veciños, familiares e coñecidos, que ano tras ano volven a súa terra»

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario