Malpica queda sen Festas do Mar

por Óscar de Souto

Segue o rebumbio político-lúdico en Malpica de Bergantiños. A derradeira escena do esperpento, de momento, foi a suspensión das festas que ían celebrar este fin de semana. Os políticos do goberno municipal de Malpica de Bergantiños, convertidos en noctilucas, cada vez se aloxan máis das beirarrúas veciñais.

A Comisión de Festas de Malpica ACD «Mallas de area» fixo público un comunicado anunciando que este ano non se celebraran as festas do Mar.

Agradecemos, aínda que moi tardía, a restitución de sintonía co Concello. Esta asociación sempre buscou a sinerxia como modo para facer as cousas. Sen embargo, co tempo dado, éranos imposible levar a cabo o cartel que tiñamos cerrado.
Ofrecéusenos montar a barra ‘no centro’ por parte do Concello, xesto que aínda que agradecemos, rexeitamos por coherencia.
Cremos que de aquí en adiante, ábrese un novo camiño de colaboración das institucións públicas co tecido asociativo de Malpica.
Lamentamos profundamente as molestias causadas.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario