O PP esixe ao Concello de Barreiros e a Costas que adopten de inmediato as medidas necesarias para solucionar os graves problemas existentes nos accesos á praia de San Bartolo

por 21 Noticias

Os populares farán unha fronte común co obxectivo de que todo volva á normalidade neste emblemático areal  

  • As competencias de limpeza e seguridade nas praias son 100% municipais polo que os populares solicitan ao goberno municipal que corrixa con urxencia o perigo que existe co foso aberto que hai ao carón do paseo que discorre ao longo da praia
  • O desprendemento produciuse en xaneiro de 2021, polo que en 4 anos tanto o Goberno de España como o Concello de Barreiros tiveron tempo suficiente para retirar as rochas do derrubamento, reparar o cantil e impulsar as actuacións necesarias para evitar futuros danos
  • O Partido Popular reclama á administración estatal e municipal que acomentan con urxencia os traballos que sexan necesarios para que a praia de San Bartolo se volva a abrir

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario