A Xunta de Goberno vén de aprobar tamén 30.000 euros para destinalos a axudar cos gastos de funcionamento da Asociación Autismo Ourense.
A Xunta de Goberno da Deputación, na súa sesión ordinaria destasemana, vén de aprobar axudas á cooperación un total de 270.989,5 euros, dos que na súa meirande parte están destinadas a concellos da provincia, salvo 30.000 euros destinados a gastos de funcionamento do centro de día da Asociación Autismo Ourense.
Así, para a cooperación municipal destínanse 242.000 euros, que están distribuidos nos seguintes conceptos: 10.000 euros para o Concello de Calvos de Randín para “Portas do Xurés”; para o Concello de Castrelo de Miño destínanse 12.000 euros para redacción de proxectos durante 2024; para gastos de funcionamento do Museo de Arte Sacro, o Concello de Castro Caldelas percibe 20.000 euros; mentres que para o cofinanciamento do SAF- no Concello de Monterrei destínanse 45.000 euros.
Pola súa banda, o Concello de Parada de Sil recibirá diversas achegas: 24.000 euros para a inclusión da Rede Galega de Museos, a dixitalización de documentación, mantemento e persoal do Museo do Chocolate; 25.000 euros para o Plan de Sostibilidade Turística 2024 (adaptación á rede Destino Turístico Intelixente, equipamento, mantemento e persoal); así como 16.000 euros para a redacción do Inventario Municipal de Bens e Dereitos do Concello de Parada de Sil.
O Concello de Piñor obterá 12.500 euros para creación dunha páxina web municipal; o Concello de Punxín percibirá 5.989,5 euros para a contratación dun arquitecto; para gastos de funcionamento do Museo Olimpio Liste, o Concello de Cea terá 25.000 euros, así como 5.500 euros para mantemento de campos de fútbol. Por último, o Concello do Barco de Valdeorras percibirá 40.000 euros para gastos de funcionamento do Conservatorio de Música.
Na mesma sesión, aprobouse a modificación do Plan de Cooperación a petición do Concello de Maside, coa fin de cambiar o destino de 22.670 euros consignados no CooperOU 2024.