Elena Candia: «As obras de supresión dos pasos a nivel ó seu paso polo Concello de Lugo non avanzan»

por Redacción Lugo

Elena Candia, a voceira popular, acompañada de Cristina Abades, diputada nacional, de Antonio Ameijide, voceiro provincial e concelleiro e Flor Rubinos, concelleiro solicitan a reanudación das obras á maior brevidade e piden transparencia e axilidade xa que veñen de comprobar «in situ» que están paralizadas.

No mes de xullo fixo un ano que dous rapaces faleceron tras ser arrollado o seu vehículo por un tren de pasaxeiros cando cruzaban o paso a nivel de Recimil, un accidente que non podemos esquecer. É preciso a eliminación dos tres pasos a nivel que se atopan neste núcleo e que non distan máis de un quilómetro entre sí.

Tras este accidente ADIF anunciou a clausura do paso a nivel 424/010 mentres non se concluía a súa supresión definitiva. A día de hoxe o anuncio do plan de supresión de pasos a nivel aínda non é unha realidade.

E no caso de Recimil, o que debía ser unha medida «de carácter provisional» estase prolongando no tempo. Os populares fanse eco das demandas veciñais para que esta solución se consolide como definitiva ou se avance nas medidas adoptadas.

Foi xa no ano 2017 cando se publicou o pliego para a redacción dun proxecto que viu a luz no ano 2019 pero que no ano 2024 ou está paralizado ou nin está iniciado.

VALORACIÓN LICITACIÓN ESTUDIO VIABILIDAD TREN LUGO-SANTIAGO

Elena Candia valora positivamente a licitación do estudo para que se contemple a posibilidade de que Lugo e Santigao estén unidos por tren pero pide ao ministro de Transportes que «non esqueza as prioridades e os compromisos adquiridos. A supresión dos pasos a nivel era un deles e a alta velocidade, outro.

Os populares piden a Óscar Puente ambición nos proxectos para que a cidade de Lugo deixe de ser a gran esquecida dos gobernos socialistas. É preciso que devolvan os servicios suprimidos e que se aborde dunha vez por todas un proxecto que solvente a situación de illamento da nosa cidade, mellorando as conexións por estrada e por ferrocarril.

A voceira popular congratúlase de que o goberno teña en consideración as enmendas presentadas polo Partido Popular aos orzamentos xerais do Estado nas que se solicitaba unha partida para estudar a viabilidade de conectar Lugo con Santiago e Lugo coa Mariña Lucense, pero os feitos que acabamos de analizar con calquera anuncio socialista hai que ser prudente.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario