Será o xoves 29 de agosto ás 19:00 horas na Casa Museo María Pita con entrada libre
A exposición forma parte do VII ciclo Elas Son Artistas. A entrada ao evento será libre ata completar aforo e contará cunha breve intervención musical de Candela Liste
A exposición de María Maquieira titulada «Os sons internos son a vida das cores» encheu de vida durante o mes de agosto á sala de exposicións da Casa Museo María Pita. Co apoio do Concello da Coruña e a organización do ciclo Elas Son Artistas que aposta por visibilizar ás mulleres artistas, os debuxos baseados en distintas experiencias da artista coruñesa foron os protagonistas. As dúas visitas guiadas celebradas permitiron adentrarse moito máis en todo o que se agocha en cada unha das obras seleccionadas para exta exposición que é a primeira individual que realiza na súa cidade.
A artistas coruñesa Candela Liste aportará dúas cancións á clausura
A clausura será o xoves 29 de agosto ás 19 horas. Intervirá tanto a autora como a cantante e composititora Candela Liste para pechar o círculo que se abría coas cancións de Leticia Rey na inauguración. A entrada ao evento é libre ata completar aforo.
A exposición pode visitarse o xoves en horario de 10 a 13 e de 17 a 20 horas, horario no que tamén pode aproveitarse para revivir a época na que viviu María Pita.