O PP pide ao Concello de Lugo unha preocupación real para non converter propiedades municipais en vertedoiros incontrolados e lugares a ocupar

por 21 Noticias

Os concelleiros populares Elena Candia, Antonio Ameijide e Flor Rubinos visitaron este espazo no que están todos os colectores retirados das rúas da cidade e das parroquias, entre eles aqueles danados por accidentes ou por incendios, así como os de cor marrón destinados a depositar os restos orgánicos

·       O pasado 5 de xuño a alcaldesa anunciaba o inicio da colocación dos colectores marróns. Cando teñen transcorridos máis de 2 meses dende ese día, seguen a ter unha presencia mínima nas rúas e parroquias da cidade, unha mostra máis da nefasta xestión do goberno, que non implanta unha medida obrigatoria dende o 30 de xuño (en base á lei 7/2022) non por falta de medios xa que hai un contrato que ascende a máis de 11 millóns de euros anuais.

·       O Grupo Municipal Popular impulsará coñecer os motivos de depositar neste punto os colectores vellos en lugar de procesalos adecuadamente, se é que xa non poden dar servizo, ou almacenalos en instalacións adecuadas. Unha mostra mais do ecoloxismo hipócrita do goberno municipal.

·       Antonio Ameijide sinala que «imaxes coma esta» non se corresponden cun goberno preocupado por coidar do medio ambiente: «semella que o único que queren é buscar un sitio onde tirar o que xa non lles serve como xa fixeron noutras ocasións nas Gándaras ou no Ceao, por exemplo»

·       Os concelleiros populares denuncian que a nula preocupación de PSOE e BNG no Concello de Lugo por coidar do medio ambiente vese reflectida en accións coma esta e na nula preocupación por eliminar os vertedoiros incontrolados que hai nas parroquias

·       Ameijide tamén pide «maior vixilancia e preocupación» ao goberno local polas súas propiedades xa que os edificios que hai fronte aos depósitos están «completamente vandalizados» e ademais están abertos e semella que algúns están ocupados

·       A preocupación do goberno local por manter as súas propiedades «queda en dúbida unha vez máis» xa que teñen moitas delas abertas, con pozos ou maquinaria «sen ningún tipo de control»: «estas propiedades supoñen un risco moi grande, calquera pode entrar nelas e non queremos ter que lamentar ningunha desgraza».

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario