Os socialistas denuncian que se incumpre a Lei de Patrimonio de Galicia, que establece que os BIC deben abrir as súa portas ao público de forma gratuíta un mínimo de catro días ao mes.
O O PSdeG-PSOE de Mugardos insta á Xunta e Galicia a “facercumprir a lei” e “garantir que o público poida visitar o Castelo da Palma, que leva dous anos pechado pese a estar declarado como Ben de Interese Cultural (BIC)”.
O portavoz do PSOE de Mugardos, José Ángel Martínez Bardanca, criticou hoxe que “un verán máis, unha das xoias patrimoniais máis importantes da comarca, o Castelo da Palma, non puido ser visitado”.
O socialista acusa á Xunta de “mirar para outro lado” e “non mover un dedo en todo este tempo anos para facer cumprir a súa Lei de Patrimonio”, que establece que os BIC deben ser abertos ao público de forma gratuíta un mínimo de catro días ao mes ou 48 ao ano.
“Hai unha lei e a Xunta de Galicia ten a obriga de facer que se cumpra en todos os seus termos, impoñendo as sancións que se establezan e obrigando aos propietarios a abrir o Castelo aopúblico”, afirmou Martínez Bardanca
O voceiro socialista local anunciou que os socialistas levarán ao Parlamento de Galicia unha pregunta dirixida ao goberno de Alfonso Rueda sobre esta cuestión.
Dous anos sen convenio co Concello
Martínez Bardanca criticou tamén “a desidia eabandono” do goberno municipal do popular Juan Domingo de Deus neste asunto. “En dous anos, o alcalde non foi capaz de renovar o convenio cos propietarios para regular as visitas durante a tempada de verán”, un acordo que estaba en vigor desde 2015 e que caducou en 2022, último ano no que o público puido acceder á emblemática fortaleza mugardesa.
“Ademáis do seu importante valor patrimonial, o Castelo da Palma é un importante activo turístico para Mugardos, polo que instamos ao alcalde a poñerse a traballar para que abra de novo as súas portas ao público”, afirmou o portavoz do PSdeG mugardés.
Foto portada: Turgalicia