Comezan en Paradela as obras de mellora doutro tramo da estrada provincial que conecta con Sarria

por Redacción Lugo

As obras inclúen a limpeza de cunetas, e sinalización horizontal e vertical nun tramo de 3 quilómetros da LU-P-5709, que comunica as parroquias de Santa María con Castro de Rei de Lemos por Vilamaior.

A Deputación de Lugo vén de iniciar as obras de mellora doutro tramo da estrada provincial LU-P-5709, que conecta Sarria e Paradela cun investimento de máis 90.000€. As actuacións, adxudicadas á empresa Construcciones Carballeira SL, afectan a tres quilómetros de vía entre os puntos quilométricos 10,7 e 13,8.

Os traballos, que teñen un prazo de execución de dous meses consistirán na reapertura de cunetas, na reparación de afundimentos e outros desperfectos da vía, na repavimentación e na reposición dasinalización vertical.

Trátase dunha actuación importante porque esta estrada, situada entre os concellos de Sarria e Paradela, conecta a comarca sarriá coa da Ribeira Sacra. Tamén porque as obras complementan as realizadas pola Deputación de Lugo recentemente entre os quilómetros 5,9 e 10,7; nas que a institución investiu outros 260.000€.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario