Agustín Gallego: «Con esta proposta evitaríase que PSOE e BNG, baixo o paraugas de humanizar a cidade, sigan esparcindo esculturas a golpe de impulsos, elixindo a dedo aos autores, as ubicacións e os conceptos das homenaxes»
Dende o Grupo Popular solicitamos que se cree unha comisión técnica con representantes do mundo das artes, letras e cultura analice as propostas que chegan ao Concello de diferentes colectivos e dos propios grupos políticos para colocar esculturas en espacios públicos de Lugo.
Agustín Gallego explicaba que “é necesario buscar fórmulas que eviten discrecionalidades ou comportamentos arbitrarios na selección dos posibles candidatos a facer as obras na nosa cidade. Debemos buscar pezas que sexan elementos diferenciadores e simbólicos de Lugo e non presentalas como un mero mobiliario urbano para humanizar”.
Podemos repasar algunhas obras como a escultura ao cantautor madrileño Javier Krahe que costou 33.000 € ou a que moitos lucenses denominan como Paseo de las Lápidas que hai na Praza Maior cuia estética foi moi cuestionada.
A forma de proceder do goberno municipal orixina duplicidade de gastos xa que os dous partidos que o conforman xeneran xestións paralelas que asumen gastos polos mesmos conceptos ou moi similares.
Por último o popular reclama un inventario específico do patrimonio escultórico que ten Lugo así como un correcto mantemento e conservación de pezas de escultores como Manuel Mallo, Juan Puchades, Paco Pestana, Víctor Corral, Villapol Parapar ou Juan Vila.