A Deputación de Lugo exalta os viños da Ribeira Sacra na III Festa da Vendima do Saviñao

por 21 Noticias

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, asistiu este domingo á III Festa da Vendima do Saviñao. Rivera Capón estivo presente no pregón a cargo da deportista paralímpica Nuria López, visitou a feira e participou no xantar popular.

O Deputado felicitou ás adegas e aproveitou para sinalar que “ter un sector vinícola sólido é unha riqueza que favorece ademais o turismo, a hostalería e o comercio, creando emprego e riqueza no rural”. Nesta cita, que ten como obxectivo a exaltación da colleita de viños da Ribeira Sacra, estiveron presentes adegueiros acollidos á denominación de orixe.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario