O Atlético San Pedro proclamouse campión do III Trofeo Concello de Oleiros de fútbol feminino, tras gañar na final por 5-0 ao Unión Campestre de Montrove. As goleadoras foron Alba (4) e María. O alcalde, Ángel García Seoane, e a concelleira de Deportes, Teresa Vázquez, entregaron os trofeos ás capitanas dos equipos campións e subcampións, respectivamente.
Atlético San Pedro e Unión Campestre de Montrove chegaron á final tras eliminar ao Santa Cruz nas semifinais disputadas previamente, en formato triangular. Todos os equipos participantes neste torneo, tanto no cadro feminino como masculino, repártense 14.458 euros en premios.