O Xuventude de Dorneda levouse o LIII Trofeo Concello de Oleiros de fútbol masculino gañando na final ao Santa Cruz por 2-1 no Campo Municipal Nano García de Iñás. Os goleadores foron Luis e Urdiel para o Dorneda e Montes para o Santa Cruz.
Trátase da edición número 53 dun torneo que congregou nesta final a un grande número de espectadores, que viviron intensamente este enfrontamento. O Dorneda e o Santa Cruz conseguiron o pase para este partido polo título tras gañar en semifinais ao Cristo Rei e ao Atlético San Pedro, respectivamente.
Anteriormente, na fase de grupos, tamén participaron Mercurio, Unión Campestre, Obrero, Marino, Perillo e Hércules. Todos os equipos participantes neste torneo, tanto no cadro feminino como masculino, repártense 14.458 euros en premios.