BNG Celanova: “A festa da Ramallosa e a Romaría do Cristal, deben ser declaradas Festas de Interese Turístico de Galiza”

por 21 Noticias

Ernesta Seoane, voceira do grupo municipal do BNG de Celanova, rexistrou mocións de cara o vindeiro pleno municipal de setembro para demandar que os principais eventos festivos do concello sexan declarados de interese turístico de Galiza.

 Os nacionalistas instan ao grupo de goberno de Celanova, que o  concello inicie os tramites tendentes á tramitación da solicitude e documentación que debe acompañala, conforme prescribe o artigo do decreto regulador, para a iniciación do procedemento tendente á declaración de Festa de Interese Turístico de Galiza a festa da Ramallosa e a Romaría do Cristal.

Ernesta Seoane, e representantes do BNG de Celanova aproveitaron este agosto  para reunirse coa veciñanza principalmente implicada nestes festexos para dar a coñecer esta inciativa e solicitarlles o seu apoio e suxerencias para  respaldar e enriqueccer estas mocións no vindeiro pleno municipal de setembro.

Tal como sinala Seoane “non se pode obviar que entre os efectos desta declaración  de interese turístico de Galiza atópase a posibilidade de percibir axudas e subvencións a administración galega para eventos deste tipo, e que axudarían a dar maior visibilidade ao noso concello e as nosas tradicións culturais. “

Estes dous eventos festivos cumpren  sobradamente cos requirimentos establecidos por lei para que unha festividade sexa declarada de interese turístico galego, sinalou a voceira nacionalista de Celanova. “Antigüidade, singularidade, arraigamento, valor cultural e continuidade no tempo son características máis evidentes tanto na festividade da Ramallosa como na romaría do Cristial” declaraba Ernesta Seoane. 

A romaría do Cristal celebrase o 15 de setembro en Vilanova dos Infantes que é cando teñen lugar os principais actos desta festa popular, por un voto á aínda desapracida Virxe do Cristal e que se remontan até o ano 1851, con referencias culturais en autores tan relevantes como Curros Enriquez, unha festividade que mesmo conta con mostras tradicionais de danzas gremiasis, sinalou a voceira nacionalista de Celanova.

 Tamén fixo referencia a nacionalista á festa da Ramallosa, que se festexa o primeiro domingo de agosto sinalando o acreditado arraigo desta festividade que mesmo xa foi referenciada polo  escritor, historiador, etnógrafo e antropólogo Antonio Fraguas Fraguas, no seu libro

“Romerias e Santuarios de Galiza” onde deixa constancia na súas paxinas do seu valor cultural, histórico e as súas singularidades.

Para os nacionalistas de Celanova, afirmou Ernesta Seoane,  é importante que o vindeiro ano estas festividades populares teñan a relavancia social que estas se merecen máis aló da nosa comarca e partillar cos visitantes que o desexen a cultura popular das nosas terras.  

Etiquetas
Comparte éste artículo
1 Comment