- Como en tantos asuntos importantes a cronoloxía da creación da praia fluvial de Lugo obriga a contextualizar a eterna tramitación desta intervención demostrando, unha vez máis, que “para o goberno local non é un proxecto prioritario”
- Estamos a falar dun compromiso que se fixo público hai 14 anos e dende aquela “houbo proxectos fallidos; retrasos inxusticados; investimentos perdidos; a renuncia por parte do goberno local de facer a praia na zona dos Robles tal e como se documenta no escrito da CHMS de 2016, onde a Deputación gobernada por PSOE y BNG, desistiu do proxecto e non presentou documentación requerida; iso sen contar co informe demoledor pola ubicación actual de entidades tan representativas como a Unesco … e neste caso cun resultado final que A CIDADANÍA PERCIBE COMO RIDÍCULO E ESPERPÉNTICO”
- A voceira popular comparte esta valoración que lle fixeron chegar de formar reiterada onte á veciñanza asegurando que “a rampa que se inaugurou onte non merece a categoría de espazo de baño público e supón un insulto á intelixencia” matizando a preocupación polas condicións de seguridade e accesibilidade que presenta.
- Tamén lamentou que “os esforzos do PSOE e do BNG, durante este tempo, fosen atacar á Xunta en vez de traer cartos, ou facer un bo proxecto para habilitar unha zona de baño público da que os lucenses nos poidamos sentir orgullosos”.
LUGO QUEDA ATRÁS
- A voceira popular Elena Candia aproveitou a comparecencia diante dos medios para amosar imaxes de varias praias fluviais de concellos da contorna, gobernandos por diferentes partidos políticos de diferentes cores, como proba de que “si é posible facer unha zona de baño pública con moitos menos medios e recursos cos que ten o concello de Lugo