O PP mantén unha reunión de traballo para analizar o paquete de medidas de apoio á D.O. Ribeira Sacra

por 21 Noticias

As medidas inclúen unha novidosa liña de axudas para a conservación da paisaxe que caracteriza este territorio, a viticultura heroica, á que o Goberno galego destinará 2 millóns de euros.

  • Os populares valoran «moi positivamente» todas as accións, que se enfocan «no compromiso para coidar este territorio e favorecer o seu crecemento económico»
  • O paquete inclúe, ademais, formación e divulgación das oportunidades que ofrece a PAC, axudas para o acceso a préstamos de cara á recollida da uva e a convocatoria da destilación de crise, unha vez recibida a autorización da Comisión Europea
  • Os populares subliñan a importancia do «traballo continuo de escoita ao sector», «a sensibilidade do Goberno galego coa viticultura heroica» e o apoio á candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da UNESCO
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario