Xosé Merelles: «A dinamización turística da Coruña se reforza esta fin de semana coa celebración do Recorda Fest»

por 21 Noticias

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e a delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participaron na presentación do Recorda Fest que chega por segundo ano consecutivo á cidade da Coruña esta fin de semana, 6 e 7 de setembro co apoio da Xunta. A cita, reforza o pulo que o Goberno galego lle está a dar á oferta turística urbana da cidade “sumando atractivos ao destino galego”, segundo afirmou Xosé Merelles.

O director de Turismo de Galicia reiterou o apoio que realiza o Goberno autonómico para dinamizar a oferta turística da cidade. Proba diso, citou o apoio que desde o Goberno galego se prestou non só ao Recorda Fest, senón a eventos coma o O Morriña Fest, os multitudinarios de The Queen of the Stones, Maná, Juan Luis Guerra e Gilberto Santa Rosa, o festival de música electrónica Wake Up Dreams e ao Coruña Sounds, “que trouxo xa á cidade a Emilia, Camilo, Robe e Luis Miguel e Chris Isaak”.

Finalmente, a Xunta tamén apoia os eventos protagonizados por Rod Stewart, Sara Baras, Loquillo e Raphael que terán lugar antes de que remate o ano. “Algúns exemplos de como a Xunta aposta tamén por encher a oferta turística da cidade para contribuír a atraer viaxeiros en distintos momentos do ano e que permitan diversificar a oferta e estender os beneficios económicos que isto supón”, asegurou Xosé Merelles.

Música ininterrompida

Referíndose ao Recorda Fest, Xosé Merelles destacou que serán máis de 10 horas ininterrompidas de música que encherán o Peirao de Batería cunha previsión de asistentes que se sitúa nas 20.000 persoas, superando os rexistros da primeira edición con 13.300. O Recorda Fest comezará este vernes e durante esa xornada sucederanse as actuacións de Morochos, Besmaya, Sidonie, Sidecars, Amaral, Rulo y la Contrabanda e os DJs Recorda e Isaac Corrales. O sábado será a quenda de Fran Perea, Coti, Marlon, La Oreja de Van Gogh, Álvaro de Luna, Maldita Nerea e os DJs Recorda e Nano.

Este ano incorpóranse como novidade a colaboración de Deporte Galego, da Secretaría Xeral para o Deporte, con exhibicións de disciplinas urbanas coma o skate e o breakdance. Ademais, haberá mochilas vibratorias adaptadas a persoas xordas.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario