Lume na Raia. Arde Galicia. O conto de sempre, o conto de nunca acabar

por Óscar de Souto

Incendio localizado no que di a Xunta de Galicia que xa se estaba axudando na súa extinción, chegan as lapas que comezaron en Arcos de Valdevez a «Raia imaxinaria- a fronteira» e atravesana en centos de metros. É a culpa de quen é? do vento, maldito vento!!! «A natureza e os lumes non entenden de fronteiras»

Comezou en Portugal a quilómetros da Raia e atravesou corgas, camiños ancestrais de contabando, pistas forestais «modernas», devasas…Camiños polos que até fai 10 anos andábase en R 4 ou calquer coche utilitario, camiños nos que hoxe hai buratos de medio metro de fondo e nin baixan co «Land Cruiser», as devasas con xestas de porte arbóreo, carqueixas, uces, fentos…a chamada «infraestrutura de prevención totalmente abandonada»…
Lembrar co Xures-Gerês é reserva da biosfera, o único parque nacional co que conta Portugal, un dos poucos parques transfronteirizos da Unión Europea…O Xures-Gerês é tantas cousas i está tan abandoado que non se entende. Produce tanta mágoa o desleixo, tanta impotencia o trato dos xestores do conxunto do parque, os dun lado e os do outro da Raia que…
Agora di a Xunta que mandou deceas de brigadas, de autobombas, deceas de axentes ambientais, multitude de medios aéreos (helicópteros, avións de carga en terra, hidroavións, palas, tamen mandarán os equipos «batracio»…)…

Nunca se reflexionará o por que do enésimo Incendio forestal que calcina o Xures-Gerês, o da recorrencia pois arde sobre queimado, o por que está totalmente abandonada a infraestrutura de prevención no parque nacional/natural, o por que tendo tantos medios o lume avanza ao chou quilómetros e quilómetros, o por que falan de brigadas e non de «combatentes» de bombeiros forestais, os servizos de extinción da Xunta de Galica están baixo mínimos, todo o verán entran as brigadas con 1, 2 ou 3 compoñentes (xuntan tres brigadas e suman 5 compoñentes en total, iso si mándanos ir en tres coches…).Entre coordinadores, xefes de operacións, xefes de área, analistas, directores de non se sabe ben que xuntan nalgún lume mais organizadores de «estratexias» que persoas traballando na extinción.
Hoxe (5-9-2024) unha vez máis a primeira hora da mañá nas montañas da Raia i en todo o Val do Limia o único que se escoita son as turbinas e os motores dos medios aéreos, un exército de aparellos voadores….
Volve arder o Xures-Gerês e volverá arder de non trocar unha política forestal baseáda únicamente na extinción.
Triste realidade dun territorio calcinado xestionado por irresponsables que tanto lle ten.
En Pontevedra, mais do mesmo. En San Colmede e Reinaldos, núcleos de poboación desaloxados debido ao lume forestal que afecta o concello de Crecente.

Comparte éste artículo
1 Comment