O PP de Viveiro, en desacordo con retirar o festivo do día de San Roque en 2025 como aprobaron o resto de grupos da corporación municipal

por Redacción Lugo

A portavoz, Mariña Gueimunde, sinala que “o día de San Roque coincidirá en sábado o vindeiro ano, pero será laborable; polo que moitos viveirenses non poderán celebrar o día grande do noso Concello”

O Partido Popular de Viveiro deixou claro no pleno deste mércores que non está de acordo en quitar o festivo local do día de San Roque para o ano 2025, como apoiaron o resto de grupos da corporación municipal no punto relativo á aprobación dos dous días festivos locais para o vindeiro ano.

Así, “o día de San Roque, o noso copatrón, e o día grande do noso Concello será laborable”, subliña a portavoz, Mariña Gueimunde. A popular engade que “a pesar de coincidir en sábado, é día laborable para moitos traballadores que o vindeiro ano non poderán disfrutar das celebracións do día grande das festas de Viveiro”.

Gueimunde condena, non só a decisión; senón tamén “as xestións da alcaldesa” porque, despois de ter convocado o pleno cunha proposta para que os días que se ían votar como festivos para o 2025 fosen o martes de Entroido e o día de San Roque, convoca aos distintos grupos municipais para 15 minutos antes do pleno a unha comisión informativa urxente para decidir o contrario: que o día de San Roque vaia ser laborable”. 

A popular engade que “a ninguén se lle escapa que nos últimos anos se perderon moitas cousas en Viveiro” e lamenta que “o último que faltaba por perder eran as tradicións”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario