– Do total dos estacionamentos 33 quedarán reservados para persoal autorizado e 131 estarán dispoñibles desde esta mesma tarde para toda a veciñanza. O horario será os días laborables, de 16:00 a 00:00 horas, e as fins de semana e festivos de 08:00 a 00:00 horas
– José Tomé subliñou que esta actuación, na que a institución provincial investiu 465.000€, “permitiunos facer máis accesible, máis cómodo e máis útil este espazo no que nos atopamos” e destacou que con este proxecto “ofrecemos a toda a cidadanía máis prazas de aparcamento, fóra do horario laboral dos traballadores provinciais
– As obras afectaron aos pavillóns 1, 2, 3 e 4 do complexo de Santa María e consistiron na repavimentación da zona, na execución dunha rede de pluviais e na instalación do alumeado, a sinalización e a correspondente humanización do espazo mediante o axardinado, entre outras actuacións
– A Alcaldesa de Lugo felicitou á institución provincial pola apertura deste aparcadoiro público “que vai dar un gran servizo ás e aos lucenses, e que vai contribuír ademais a avanzar nese cambio de mobilidade dunha cidade máis sostible e cunha maior calidade de vida no que estamos a traballar desde o Goberno local”