En setembro, ao igual que nos últimos meses anteriores, a Área de Igualdade da Deputación realiza un destacamento especial á muller e á súa importancia no mundo laboral. Así, mediante a iniciativa «8M, mes a mes», búscase dar visibilidade ao labor das mulleres durante todo o ano e con especial incidencia ás mulleres do rural.
Así, este mes adícase ás mulleres farmacéuticas que atenden en boticas rurais, personificadas en Montserrat Dafonte Álvarez, titular da Farmacia A Bola e natural de Ganade (Xinzo de Limia). Así, o lema deste mes dentro da iniciativa provincial é «Receitando igualdade».
Montserrat Dafonte lembra que os comezos da súa empresa non foron doados, pois a súa apertura coincidiu en plena pandemia de COVID, en 2020. «Corría o ano 2019 cando comecei a sentir inquedanza sobre o meu futuro laboral, e así foi como empecei a buscar otros caminos. A idea de irme para o rural non me parecía exótica nin moito menos extraordinaria, pois eu procedo do rural», lembra, ao tempo que explica que «en xaneiro de 2020 empecei soa, con moito traballo por diante e chea de ilusión. A sorpresa estaba agochada no mes de marzo, todas e todos a coñecemos, cando salta o estado de alarma e comeza a pandemia. A miña carta de presentación ía ser baixo unha máscara, esto supuxo un gran reto pero estaba disposta a seguir a diante».
Un dos servizos que ofrece actualmente a farmacia de A Bola conta coa colaboración dun servicio de transporte municipal que entrega os medicamentos aos usuarios e usuarias. Tamén se encarga do desplazamento dos veciños e veciñas ata a farmacia, facilitando desta forma o acceso á medicación.
Outro servizo que presta a farmacia de Montserrat Dafonte é o Servizo Personalizado de Dosificación (SPD), no que programan por días e tomas as doses de medicamentos receitados, facilitando deste xeito o consumo dos mesmos, especialmente entre os maiores. Relacionado con este servizo cabe destacar a participación de Montserrat Dafonte no concurso de fotografía de Venalink SPD (relacionado co Servizo Personalizado de Dosificación), do que gañou o primeiro premio.
Montserrat Dafonte síntese moi agradecida coas súas usuarias e usuarios: «Gustaríame agradecer a todo o noso público a súa confianza en min e no meu equipo, pois foron tempos de moita incertidume para todos e todas nós», manifesta, ao tempo que sinala que ser farmacéutica «implica estar cara o público e ter un contacto directo e cercano con él, xa que, a confianza é un factor relevante cando falamos de saúde».
A farmacéutica de A Bola agradece o recoñecemento da Deputación e explica o seu obxectivo profesional: «dar un servizo equiparable ao de calquera outra farmacia rural ou da capital, dun xeito cercano e accesible.