O PP de Lugo analiza o inicio do curso político e planifica novas accións nunha reunión de traballo cos coordinadores

por 21 Noticias

Elena Candia presidiu a xuntanza na que participaron o secretario xeral, Javier Vázquez Nodal, o coordinador xeral, José Manuel Balseiro, e os coordinadores comarcais.

  • Os populares avanzan que «continuaremos defendendo a igualdade entre os españois» e reclamando «o que consideramos xusto: un trato igualitario para Galicia e para a provincia de Lugo con respecto ao resto de Comunidades por parte do Goberno de Sánchez»
  • O PP continuará a reivindicar «as infraestruturas que a nosa provincia merece» e que «o Goberno central nos está a negar co consentimento dos socialistas lucenses e os seus socios de goberno, o BNG»
  • Os populares afean «a falta de implicación do Goberno central coa industria na nosa provincia» ante a «falta de medidas para favorecer que a planta de Alcoa sexa competitiva» ou as declaracións da ministra de Traballo «opoñéndose a crear emprego na provincia»
  • O Partido Popular pedirá dende distintas cámaras que Sánchez elimine os impostos aos residuos -recollidos nunha lei aprobada polo PSOE co apoio do BNG e á que o PP se opuxo-, «para que Sogama non teña que repercutilos nos Concellos»
  • Ademais de continuar coa actividade habitual nas distintas institucións e a «escoita activa aos lucenses», trala celebración do Congreso provincial de NNXX o PP continúa programando accións e o sábado 21 celebrará unha reunión interparlamentaria

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario