Hugo Guezeta une forzas con Nadie González e Temible Olivina para publicar “Cantare”

por Redacción Galicia

O cuarto adianto do novo traballo discográfico de Hugo Guezeta deixa unha das grandes colaboracións do ano na escena urbana galega.

O rapeiro acaba de publicar “Cantare” xunto a Nadie González e Temible Olivina, dúas das grandes revelacións do rap en Galicia. O tema, cunha marcada temática de compromiso social, toca o rap máis clásico con retrousos cantados, aproveitando as dotes vocais de cada un dos protagonistas e explotando así algunhas das maiores virtudes das tres.

“Cantare” nace da necesidade de canalizar as dores e as frustracións mediante a música, e transita polo ego trip combinado co compromiso social que caracteriza tanto a Hugo Guezeta como a Nadie González e 
Temible Olivina. Este xunte, producido por Peter Petrowski, foi un traballo conxunto moi enriquecedor segundo as verbas de Hugo, xa que ao gravar á vez no estudio produciuse unha retroalimentación entre
as catro que axudou a que saíra esta canción, que contén un pouco do talento de cada unha.

O tema ven acompañado dun videoclip gravado por Adrián Diaño na contorna de Sistelo, en Portugal. Baixo un fondo espectacular, as tres rapeiras transitan polos seus camiños para rematar atopándose nun final no que cobra importancia os caraveis vermellos, un claro aceno á Revolução dos Cravos, o movemento que derrocou a ditadura fascista en Portugal, que concorda coa temática social exposta en “Cantare”. Pola súa parte, a portada do sinxelo corre a cargo do ilustrador Milu Torrado.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario