A Xunta remata as obras de renovación da instalación eléctrica e de son na igrexa de Pedreda, en Lugo

por Redacción Lugo

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou hoxe o resultado dos traballos de renovación da instalación eléctrica e de son que veñen de rematar na igrexa de Pedreda, en Lugo.

O Goberno autonómico, a través do INEGA, investiu máis de 14.300 euros nesta actuación, que incluíu a substitución do cableado, a caixa e o cadro de acometida, a reparación das lámpadas ornamentais e maila renovación da megafonía e o lampadario electrónico.

Javier Arias destacou o compromiso da Xunta coa preservación do noso patrimonio etnográfico e explicou que cos traballos executados se dá solución aos problemas de amplificación de son que se rexistraban na igrexa de Pedreda e que chegaban a comprometer a realización de actos relixiosos multitudinarios. De igual xeito, quedan reparadas as deficiencias de iluminación que obrigaban a limitar o uso do templo unicamente a horas nas que había luz natural.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario