O PP piden a Alvarellos que visite as obras do centro de Lugo como fixo co Muíño de Olga

por Redacción Lugo

Carballas ve incoherente que o goberno local «inaugure o comezo destes traballos mentres que postpón reparar, por motivos de caudal, a ponte romana que está na mesma zona»

O PP ve unha incoherencia que a alcaldesa asista hoxe á inauguración dunhas obras no Muíño de Olga, que está a menos de 500 metros da ponte romana, unha infraestrutura que declinou arranxar xustificándose coas condicións de caudal do Miño

En agosto, a alcaldesa asinou un decreto para retirar a partida de 134.000 € destinada á reparación da ponte romana e redirixir eses fondos a obras na zona sur da cidade, a decisión provocou malestar na veciñanza xa que no barrio hai infinidade de problemas un deles as constantes fugas de auga

Na contorna do Muíño de Olga a Confederación Hidrográfica arranxa o caneiro “unha intervención moi esperada e necesaria” que os populares agradecen

VALENTÍA Á ALCALDESA

Os populares piden valentía á alcaldesa e que “ao igual que visita as obras da rehabilitación do Muíño, ou que inaugura unha rampa no Miño … se achegue ao centro e supervise as obras de peonalización para comprobar o esforzo que fan os comerciantes e hostaleiros para sobrevivir aos retrasos e o caos destes traballos pola falta de planificación do goberno local. Un exemplo da situación que está a vivir o comercio local témola coa praza onde sigue o goteo de peche de negocios.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario