O mosteiro de Santo Estevo acolle este venres un encontro para a participación da veciñanza na candidatura Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial

por 21 Noticias

A estratexia de participación cidadá da candidatura Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Humanidade convoca á veciñanza a participar nunha nova xuntanza. Desta volta será no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, en Nogueira de Ramuín.

O encontro terá lugar este venres 13 de setembro ás 19:00 horas. Forma parte dun conxunto de encontros impulsados pola Xunta de Galicia co obxectivo de informar sobre a situación da candidatura e recoller as opinións ou inquedanzas dos axentes locais e veciñanza.

Búscase escoitar á cidadanía, e tamén detectar a responsables de asociacións veciñais e, en xeral, persoas que representen ás distintas parroquias para seguir aumentando a base de datos de cara á convocatoria do Consello Parroquial que se celebrará en outubro.

A xuntanza é aberta á participación de veciñas e veciños en xeral; asociacións veciñais e culturais; comunidades de montes, e demais axentes culturais, económicos ou sociais. Non é preciso reservar para asistir.

No perfil de Instagram @participa_ribeirasacra pódese obter máis información e seguir a estratexia de participación da candidatura Ribeira Sacra.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario