Elena Candia. «A Conta Xeral do Concello de 2023 manifesta un dramático deterioro da saúde económica municipal»

por 21 Noticias

Elena Candia: “No informe de intervención se advirte da deriva ó precipicio ao que está levando ao Concello de Lugo a xestión socialista e nacionalista”

  • Son unhas contas que non están equilibradas porque gastan máis do que ingresan. O Concello recoñece obrigacións  (gastos) por 114.173.312,67 euros, mentres que sus ingresos foron de só 99.671.222 euros o que xera un déficit de financiamento de -14.502.088,67 euros, que se reduce a case 5M€  euros tras axustes contables.
  • As cifras da Conta Xeral certifican que “non está garantida a prestación de servizos porque PSOE e BNG continuan cunha debacle de incremento de gasto sen equilibrar ingresos cando  a maneira de protexer os servizos é garantindo a súa continuidade e non poñer en perigo coa súa xestión”.
  • Para cubrir este déficit, o Concello sigue sobrevivindo grazas aos remanentes que a normativa de Rajoy, que tanto criticando, lles obriga a ter destacando que recurriron  aos aforros acumulados en anos anteriores

IMPOSTOS OCULTOS

  • Elena Candia tamén dixo estar preocupada “polos impostos ocultos cos que está gravando á cidadanía” indicando que o goberno local recadou por por infraccións urbanísticas, tributarias, de ordenanzas ou multas e sancións 146.949,02 € máis do ano 2022.
  • A popular tamén explicou que “o descenso da recadación por licenzas urbanísticas e de apertura de establecementos, que baixou con respecto ao 2022 en 87.667,64, confirma que as medidas que puxo en marcha o goberno local para corrixir o servizo de urbanismo seguen sen dar os seus froitos e, se nos guiamos polas cifras, seguimos indo a peor”.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario