Elena Candia: «Dixemos que este espazo de baño público era un insulto aos lucenses, hoxe coa súa clausura demóstrase que non é nin o proxecto, nin o goberno que Lugo merece»

por 21 Noticias

·       Para os populares este «primeiro gran proxecto do goberno local é un novo exemplo da crónica do esperpento e da desastrosa xestión de socialistas e nacionalistas» lembrando como:

  1. Cinco concelleiros inauguraban esta plataforma e, dúas semanas despois, retiran a estrutura tal e como ordena a Confederación Hidrográfica Miño – Sil, que foi a administración que autorizou a súa montaxe do 15 de xuño ao 15 de setembro durante 25 anos, e  con varios condicionantes.
  2. O uso da rampa foi nulo salvo para unha foto dun concelleiro en boa forma, intentando mostrar unha praia fluvial inexistente.
  3. Gastáronse miles de euros en proxectos e materiais durante anos, con compra de estruturas flotantes como as do Sena (300.000 €) que teñen gardadas nunha nave alugada no concello do Corgo (20.300€ anuais).
  4. Contrataron o servizo de socorrismo que se pagou durante todo o verán

·       Os populares concluían que  «levamos 25 anos escoitando  promesas dunha zona de baño pública, pero a realidade é ben distinta o único que tivemos , de momento, foi unha rampa efímera e sen uso»

Mentres en Lugo seguimos esperando por esta dotación nos concellos limítrofes levan anos disfrutando de praiais fluviais.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario