Este pasado luns 16, na Praza Castelao de Corcubión, levouse a cabo unha nova concentración en solidariedade co pobo palestino, na que se volveu a denunciar o xenocidio sionista indiscriminado contra a poboación palestina por parte do Estado de Israel. Foi convocada polas organizacións Mar de Lumes, Galiza por Palestina e Asociación Galaico-Árabe Jenin, e contou co apoio do BNG Costa da Morte.
Deuse lectura a un manifesto no que se rexeitou a agresión israelí que leva provocado máis de 40.000 mortos, cunha violencia criminal que agora tamén se estende a Xerusalén Leste e Cisxordania, coa complicidade dunha comunidade internacional que permite impunemente o xenocidio.
No acto reiterouse o chamamento para a convocatoria de MANIFESTACIÓN NACIONAL de solidariedade con Palestina, que terá lugar o vindeiro 6 DE OUTUBRO EN COMPOSTELA.