Elena Candia: «Ter o Auditoiro pechado supón unha oportunidade perdida para dinamizar a zona de Magoi»

por 21 Noticias

A veciñanza deste barrio apoia que se intensifique a presión para convencer ao goberno local que se trata dunha infraestrutura necesaria e que non é “nin razoable, nin aceptable” que non se abra.

  • O Partido Popular reuniuse cos veciños da zona de  Magoi dentro da programación de encontros nos barrios para escoitar e coñecer a súa opinión sobre o Auditorio, unha infraestrutura que, a pesar do seu potencial, leva anos pechada e desaproveitada.
  • Na reunión quedou claro que a veciñanza sinte que esta situación supón a perda de oportunidades para desenvolver e dinamizar o barrio. “É unha frustación contar cun edificio desta envergadura pechado”
  • Outro aspecto que recalcan os veciños é o de utilizar os espazos da contorna do edificio algo que o PP plantexou ao goberno local en reiteradas ocasións reclamando a retirada da valla perimetral coincidindo cos veciños en que  “senón podemos disfrutar do seu interior polo menos que permitan utilizar as zonas de esparcimento que hai ao redor para uso público”
  • A voceira popular concluía “dende o Partido Popular comprometémonos a seguir reclamando a apertura do Auditorio para que esta situación cambie o antes posible

OUTRAS PETICIÓNS PARA O BARRIO

  • A voceira popular explicou que dende o Grupo Popular se solicitou eliminar o tapón uranístico de Ramos Misioné unha intervención moi necesaria e que reclama a veciñanza do barrio para mellorar  a seguridade viaria; os populares tamén anunciaron que veñen de solicitar r un paso peonil diante dunha superficie comercial situada na Avenida de Magoi, nun punto onde houbo varios accidentes con dous falecidos.
  • Outra cuestión que demandan na zona é mellorar o mantemento do Parque Marcos Cela así como o cambio do pavimento de caucho do parque infantil que está en moi mal estado. Tamén solicitaron mecanismos para reestablecer a convivencia en determinadas puntos, próximos ao Marcos Cela, onde se celebran botellóns.
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario