Malestar entre os sindicatos STEG, CIG, CCOO, Fete-UXT, ANPE e CSI-F pola mala xestión de Educación en Lugo

por Andrés S. Queiruga

Esta mañá nova reunión da Xunta de Persoal Docente para marcar o guion co que reunirse co xefe de inspección, que ten unha axenda máis difícil que moitos Ministros, quedando nun primeiro momento emprazado para finais de setembro e posteriormente para inicios de outubro.  

Os sindicatos piden a revisión das vacantes nos centros educativos, moitos deles con serias dificultades para organizar os seus grupos e pendentes dunha resposta clara para saber se dispoñen ou non dese profesorado.

Varios dos puntos tratados foron desde a problemática do alumnado con necesidades, a cobertura de vacantes en relación coas cocientes, a inacción e pasividade continua da Xefatura Territorial, o control nulo por parte do Inspector Xefe ou a petición de coñecer os horarios de gardas dos inspectores pola loxística dos centros.   A complexidade dos casos dalgúns alumnos, fai que os sindicatos interveñan para poder cubrir necesidades que entenden como prioritarias. 

Os sindicatos requiren unha reunión que tarda en celebrarse coa Xefatura Territorial, pero desde a mesma asegúrase que haberá reunión, con algún membro do equipo de Xefatura, non coa persoa titular. 

Segundo fontes próximas aos sindicatos, tamén se expuxo un tema relacionado coa elección dunha Dirección, con especial énfase por parte dun deles, con vinculación clara a contornas contrarias á administración.

Xunta de Persoal docente de Lugo 18 de setembro de 2024 ás 11,30h. na Sala de Prensa do Edificio Multiusos de Lugo

Asisten: STEG, CIG, CCOO, Fete-UXT, ANPE e CSI-F

1. Inicio de curso de 2024/25

Diante do anuncio do presidente da XP de que probabelmente se nos conceda unha reunión con alguén da Xefatura Territorial na primeira semana de outubro, o STEG traslada as seguintes cuestións:

-denunciamos o procedemento irregular no nomeamento da dirección de Paradai a unha persoa que no seu momento foi expedientada e sancionada no exercicio do seu cargo por feitos que este sindicato xulga graves. Como grave xulgamos que neste novo nomeamento se prescinda do criterio contrario do Claustro e o Consello Escolar do centro. O STEG entende que se trata dunha inxerencia de corte político moi afastada do interese de garantir a calidade educativa do centro en cuestión.

-propoñemos, á vista do momento no que estamos (mediados de setembro onde aínda se poden solventar algunhas destas situacións) que as oo.ss presentes na reunión denunciemos á maior brevidade o incumprimento da legalidade vixente no relativo ao cumprimento da lexislación actual no relativo ás ratios e desdobres e a absoluta inacción da xefa territorial de Educación, enunciando pola nosa parte as problemáticas concretas a este respecto do Ceip Veleiro Docampo, Lagostelle (Guitiriz), Alfoz, Sober, Portomarín, San Clodio, Ceip de Bóveda (onde non se cubre unha comisión de servizos de mentor alix) Luís Pimentel, IES Río Cabe, falta de PT en Castroverde e IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, falta de AL en Nadela, entre outros.

As ooss restantes manifestan que lles parece mellor facelo con posterioridade á reunión que se manteña na primeira semana de outubro.

No transcurso da reunión, alúdese por parte de CCOO e ANPE ás prazas con afíns e á conveniencia de pedir certas explicacións por este tipo de adxudicacións, estando o resto das ooss dacordo en incluírmolo nos temas a tratar en dita reunión.

A respecto destas problemáticas, o STEG sinala tamén cuestións moi concretas que teñen implicacións graves: algún instituto da provincia non conta cos recursos humanos abondo nin horas para atender protocolos de risco de suicidio (ata 7) abertos neste momento. Xulgamos que este tipo de decisións son especialmente gravosas para a comunidade educativa porque poñen directamente en perigo a integridade do alumnado.

Acórdase pedir tamén os días de garda das inspectoras e inspectores para coñecemento das organizacións sindicais e a previsión de xubilacións para o Concurso Xeral de Traslados (CXT)deste ano.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario