Inés Rey: “Non hai reto de futuro que non pase por poñer no centro os municipios”

por Redacción A Coruña

A alcaldesa interveu na mesa de debate “Los retos de las ciudades en el horizonte 2030-2050” no IV Congreso RECI, que tivo lugar en Madrid.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta mañá no IV Congreso RECI da “Red Española de Ciudades Inteligentes” que tivo lugar en Madrid. Actualmente, a rede está formada por máis de 144 municipios socios co obxectivo de abordar os retos das cidades en materia tecnolóxica e de innovación. Rey formou parte na mesa de debate “Los retos de las ciudades en el horizonte 2030-2050” e puxo en valor o traballo dos concellos como administracións pioneiras na integración da tecnoloxía TIC para o servizo cidadá: “na Coruña xa utilizamos a IA para o seguimento da mobilidade, algo que tamén irá dando magníficos resultados para
desconxestionar o tráfico en momentos difíciles e evitar infraccións” sinalou.

Nese sentido, a alcaldesa reivindicou a administración local como peza clave no desenvolvemento tecnolóxico por proximidade á cidadanía. “Non hai reto de futuro que non pase por poñer no centro os
municipios” aseverou, e chamou a un maior financiamento das entidades locais. “Somos imprescindibles dentro do conxunto do Estado, a pesar de que en termos de financiamento aínda teñan que ser atendidas como corresponden moitas necesidades municipais, xa que existe un déficit moi grande entre os servizos que ofrecemos e os recursos que se nos asignan” concluíu.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario