A edil popular Mar Carballas pide a Alvarellos e a Arroxo que traballen máis e gasten mellor xa que «é inadmisible que pidan un esforzo aos lucenses mentres que eles derrochan o diñeiro de todos en proxectos que non supuxeron ningún valor engadido á cidadanía (caldas, edificio Impulso Verde, Carril Bici, coliving …)
A popular explicou que o legado dos case nove meses de Paula Alvarellos como alcaldesa foi a inagurarción dun espazo de non baño no Miño e unha suba de impostos, é dicir, pedir aos lucenses que paguen máis por uns servizos moi mellorables.
Carballas indicou como no informe de intervención da conta xeral se destacan unha serie de puntos que reflicten o deterioro das contas públicas e se apunta a que s»e gasta sen control a un ritmo que non o soportan as arcas municipais».
A popular resumía en tres parámetros esta afirmación: baixa a liquidez, redúcese o aforro e acaban cos remanentes de tesourería.
Outra reflexión que fixo a edil popular é sobre que PSOE e BNG «Non teñen prioridades claras porque para o que queren si hai diñeiro» xustificando esta afirmación con varios exemplos:
– Contratación da publicación dun libro sobre a historia do abastecemento de augas de Lugo (10.000 €).
– Reforma de despacho 3.894 €.
– Caldas: mantenimiento de 400.000€ anual.
– Festas de San Froilán de 2023: 1.111.942,54€.
– 1.700€ al mes en una nave del Corgo para guardar las piscinas y las turbinas de la fábrica de la luz.
– Edificio Impulso Verde: segue sen uso e en todo o ano fixéronse 16 visitas.
Outro aspecto que analizou a concelleira popular é o do desfase entre o que presupostan e o que finalmente ingresan tomando como exemplo os impostos de auga, sumidoiros e lixo nos que preveían recadar case 15 M€ e, finalmente, cobraron 9.5 M€ polo que habería un defase de 5.4 M€.
Estes datos fannos pensar que «ou ben minten nas previsións que fan, ou ben non xestionan deixando que moitas persoas non paguen polo que fomentan que haxa cidadáns de primeira e de segunda.
Carballas puntualizaba que hai fórmulas para conseguir os catro millóns que o goberno local dixo que necesitaban ingresar sen ter que subir os impostos aos cidadáns.
Os populares tamén lamentaron a falta de transparencia por parte do gobeno local que só facilitou a semana pasada o documento da Conta Xeral de 2023 que recibimos porque están obrigados a compartila por lei, e mesmo así, vai fóra de prazo.