En marcha os servizos especiais de autobús con motivo da romaría da Saínza

por Redacción Ourense

Haberá dúas frecuencias en cada sentido polas noites entre Xinzo de Limia e A Saínza cunha duración duns 15 minutos

A Xunta activa desde hoxe ata o domingo servizos especiais de autobús con motivo da romaría da Saínza, en Rairiz da Veiga con dúas frecuencias en cada sentido polas noites entre Xinzo de Limia e a Saínza e cunha duración estimada de 15 minutos.

Deste xeito, para a ida disporase  de dúas opcións de viaxe con saída da estación de autobuses de Xinzo de Limia ás 21,00 e 23,00 horas e, para a volta, de dous servizos con saídas desde A Saínza ás 02,30 e ás 03,30 horas da madrugada.

A información relativa aos novos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal, onde as persoas interesadas poden consultar a oferta de servizos actualizada para organizar os seus desprazamentos con maior facilidade.

A Xunta, coa posta en marcha destes servizos especiais, quere facilitar mellores alternativas de viaxe en transporte público, de xeito que se reduzan os riscos da condución, e diminúa o impacto medioambiental e sobre o tráfico.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario