Os populares instan a XViveiro a apoiar unha moción de censura liderada polo PP como forza maioritaria para «reverter a situación do Concello»

por 21 Noticias
  • Gueimunde define a situación do Concello de Viveiro como: «un goberno bicéfalo, unha situación económica dramática, a perda de servizos, o deterioro do patrimonio e unha perda de prestixio social e cultural e de liderado político»
  • Instan a XViveiro a «reflexionar sobre o futuro do noso Concello e demostrar se realmente son un grupo independente que traballa por Viveiro» tendo en conta que «no acordo para investir á alcaldesa recollían 15 puntos para cumprir nun prazo anterior a dous anos: estamos en prazo e non se cumpriu nin un»
  • «Moitos veciños -votantes e, incluso, persoas que recoñecen que nos votaron nas pasadas municipais- pídennos solucións e dar o paso, pero non é posible debater a moción de censura sen contar coa firma da maioría absoluta da totalidade dos membros da corporación», aclararon os populares
  • Gueimunde subliñou tamén «a falta de liderado e peso político da alcaldesa» e que «incluso a tenente de alcaldesa a contradiga recoñecendo que as cousas se facían mal e que as relacións coa Xunta son boas»
Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario