A Deputación de Ourense mobiliza máis de 1,1 M€ en axudas aos concellos e diversas entidades culturais, sociais e deportivas

por Redacción Ourense

A Xunta de Goberno resolveu o concurso para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a organización de actividades culturais e recreativas correspondentes a 2024, orzamentadas en 100.000 euros e con 90 entidades beneficiarias

A Xunta de Goberno vén de aprobar un total de 1.163.676,42 euros que se adicarán á cooperación con municipios e diversas entidades. Así, os concellos recibirán un total de 759.526,42 euros en axudas, mentras que diferentes entidades culturais, sociais e deportivas percibirán 304.150 euros. Ademáis, a Xunta de Goberno tamén resolveu a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a organización de actividades culturais e recreativas correspondentes ao exercicio 2024, cun orzamento de 100.000 euros e 90 colectivos beneficiarios.

No que respecta ás axudas aos municipios, o Concello de Os Blancos percibirá 5.000 euros para un plan piloto de comunidades enerxéticas, idéntica cantidade e concepto tamén para o Concello de A Gudiña. Para mantemento de campos de fútbol, o Concello de Bande recibirá 4.000 euros. O Concello de Baños de Molgas recibirá 60.000 euros para a humanización de rúas en Suatorre e Meaman. O Concello de Carballeda de Avia obterá 4.500 euros de axuda para bacheado e dobre rego da estrada de subida a igrexa. Para melloras na área de Toscaña, o Concello do Carballiño recibirá 5.000 euros. Ao Concello de Chandrexa de Queixa concédenselle 35.010 euros para arranxo de rúas do pobo de Taboazas e reparación de fosa séptica. Para mantemento e mellora de vías municipais, o Concello de Gomesende recibirá 48.191,70 euros.

Para a rehabilitación da antiga nave de Renfe coa fin de destinala a Centro Cultural e Multiusos, o Concello da Gudiña obterá 75.000 euros. No que atinxe ao Concello de Laza, a achega provincial será de 30.000 euros para a restauración do muro de contención entre a rúa Zapateiros e a Praza da Picota. Tamén de 30.000 euros é a axuda concedida ao Concello de Leiro para mellora integral e recuperación dos núcleos rurais das parroquias de Lamas, Serantes, Orega e Vieite. Para a urbanización do espazo de acceso ao CEIP de Luíntra, o Concello de Nogueira de Ramuín recibe 20.000 euros, así como 40.000 euros para arranxos de camiños rurais.

O Concello de Paderne de Allariz recibirá 40.000 euros para actuacións de reforza e mellora da eficiencia enerxética na iluminación pública exterior en varios lugares do término municipal. No que atinxe ao Concello de Padrenda, obterá 35.000 euros para drenaxe da estrada Gorgua-Vilar, así como 25.000 euros para explanación do campo da festa de Notaria. Para melloras de eficiencia enerxética en varios pobos, o Concello da Peroxa recibirá 40.000 euros; mentras que o Concello de Pontedeva obterá 37.000 euros para arranxo de local municipal en Freans de Deva.

Para o cofinanciamento do Plan Marco 2024-2025, o Concello de Porqueira obterá 10.000 euros, idéntica cantidade que terá o Concello de Punxín para cofinanciamento de eficiencia enerxética, que tamén obterá 29.999,99 euros para acondicionamento do sendeiro do grupo escolar á Castiñeira. Un total de 47.824,73 euros recibirá o Concello de Ramirás para arranxo de elementos deteriorados no camiño de Vilameá a Mosteiro. O Concello de San Xoán de Río recibirá 23.000 euros para rego asfáltico acceso a Medos norte. Para a reparación de firme en Quintairos, Cristosende e reparación do camiño do Barrio e acceso a viñas en Cristosende, o Concello da Teixeira recibirá 50.000 euros. Para pavimentación no núcleo de Bangueses de Abaixo e ramal en Bangueses de Arriba, ao Concello de Verea concédenselle 50.000 euros.

Axudas a entidades

Na área social, a Xunta de Goberno vén de concederlle axudas á Asociación de Familiares de Persoas con Discapacidade Intelectual de Ourense, ASPANAS, para realizar reformas nos seus centros de Velle e A Peroxa, por un importe de 60.000 euros. Ademáis, a Asociación Down Ourense obterá 50.000 euros de axuda provincial para a rehabilitación da súa nova sede. Ademáis, á Asociación EsMontañas destináronse 26.150 euros para os actos da Capital de Montaña de España 2024 que recaeu conxuntamente en Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río.

En materia deportiva, o Club Deportivo Arenteiro obterá 60.000 euros para gastos de funcionamento, mentras que a Asciación Bearizense recibirá 2.000 euros para gastos e os seus proxectos. Para a concentración da Selección Feminina Absoluta de Hockey, a Federación Galega deste deporte recibirá 8.000 euros. Pola súa banda, a Federación Galega de Piragüismo obterá 30.000 euros para 5 campionatos nacionais e autonómicos. Para o Campionato Galego de Karate Infantil no Barco de Valdeorras, a Federación Galega de Karate e Disciplinas Asociadas recibirá 12.000 euros. A Subida a Vilar de Barrio obterá 8.000 euros, e a Subida a Taboadela, 5.000 euros. O Moto Club de A Peroxa recibirá 3.000 euros para diversas probas, mentras que a Escudería Barbadás Club Deportivo obterá 6.000 eruos para o X Rallye MIX Concello de Barbadás. Para o XII Torneo Ximnasia Rítmica Internacional Ourense Provincia Termal, o Club Marusia Ourense obterá 10.000 euros, mentras que o Club Natación Sincronizada Ourense recibirá 6.000 euros para o campionato nacional desta disciplina. O Club Natación Pabellón Ourense recibirá 8.000 euros para «Copa España Aguas Abiertas Castrelo de Miño», e a Federación Galega de Remo recibirá 10.000 euros para campionatos de remo durante 2024.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario