O PP de Sarria urxe ao goberno municipal a arranxar e repoñer os semáforos avariados “por motivos de seguridade”

por Redacción Lugo

O Grupo Municipal do PP ven esixindo de forma expresa e reiterada a reparación do semáforo avariado dende hai meses no cruce entre as rúas Matías López e Formigueiros sen que se teña adoptado ningunha medida ao respecto.

Os concelleiros do PP de Sarria instan ao goberno municipal a levar a cabo accións inmediatas para arranxar ou repoñer os semáforos avariados e, nos casos de maior risco, adopte medidas de seguridade e advertencia de forma urxente.

Os populares defenderán esta proposta no pleno do vindeiro xoves porque “xa hai tempo que se observa un deterioro na nosa vila do funcionamento de varios semáforos que desempeñan un papel crucial na regulación do tráfico e na seguridade viaria tanto para condutores como para peóns. Esta situación xera riscos e pon en perigo a integridade dos usuarios das vías”.

A iniciativa do Grupo do Partido Popular inclúe, de cara a prever situacións como as adscritas, realizar unha revisión de tódolos semáforos para identificar e priorizar as reparacións necesarias de cara a desenvolver un mantemento preventivo e correctivo que evite futuras avarías.

O Grupo Municipal do PP ven esixindo de forma expresa e reiterada a reparación do semáforo avariado dende hai meses no cruce entre as rúas Matías López e Formigueiros sen que se teña adoptado ningunha medida ao respecto.

Recentemente, quedou tamén sen funcionamento un dos semáforos da rúa Calexa, na confluencia coas rúas Porvir, San Lázaro e Xela Arias, que “despois de caer non foi reposto, unha situación respecto da que tampouco se adoptaron medidas de advertencia ou sinalización adicional para evitar atropelos a pesar de está a xerar un importante risco para viandantes e vehículos”.

A portavoz, Carmen José López, subliña que “queda fora de toda dúbida que a seguridade viaria debe ser unha prioridade para a administración local, toda vez que é non só un deber, senón tamén unha competencia propia dos Concellos garantir o bo funcionamento dos elementos de control de tráfico, como, neste caso, os semáforos. Así o recolle o artigo 25 da LBRL, que, de forma expresa, atribúe aos Concellos as competencias en materia de circulación viaria, estacionamento de vehículos e mobilidade”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario