O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Lugo, Ángel Trabada, mantiveron hoxe unha reunión de traballo na Delegación Territorial para abordar asuntos relacionados coa seguridade nas rutas xacobeas así como para valorar futuras accións de colaboración.
Javier Arias e Ángel Trabada centráronse especialmente no desenvolvemento da ‘I Ruta solidaria xuntos e seguros, camiñamos’, promovida pola Asociación de Amigos do Camiño e a Garda Civil, co apoio do Goberno galego, para recadar fondos para Aspnais e que se celebrará o vindeiro domingo en Lugo. Agárdase que nesta acción solidaria participen arredor de 500 persoas, que sairán de Bascuas para percorrer uns 10 quilómetros do Camiño Primitivo.