Iria Castro, voceira municipal do BNG en Castroverde “grazas ó traballo do BNG, este ano o goberno local recibiu 5000 € máis de subvención e a pesar diso, o programa de conciliación polas tardes non ten ningunha rebaixa e seguen sen facer desconto por familia numerosa”.
O grupo municipal do BNG de Castroverde levara no vindeiro pleno varias mocións importantes para a
veciñanza: a primeira é a aprobación dunha ordenanza de sacas de madeira, unha moción sobre conciliación e unha moción de rexeitamento ó taxazo de SOGAMA.
Propoñemos novamente esta ordenanza de sacas de madeira porque somos testemuñas do mal estado de moitas das estradas municipais e do aforro que podería supoñer ter unha ferramenta así, que suporía unha
melloría para empresarios da madeira e veciñanza.
Con respecto a Tardes no Cole, o ano pasado ofertouse este servizo e grazas ó traballo do BNG, o goberno municipal conseguiu 5000 € máis de subvención, pero non o repercuten nas familias, que seguen pagando o
mesmo a pesar de que lles recortan unha hora de servizo. Demandamos igualdade entre o servizo de conciliación de Madrugadores e Tardes no cole, o goberno municipal está discriminando ás familias que teñen que conciliar pola tarde.
A Portavoz do BNG manifesta que “En Castroverde non somos inmunes ó taxazo de SOGAMA, nestes momentos xa pagamos un recibo de lixo e auga máis caro que en Lugo e o taxazo podería supoñer un golpe moi duro a moitas economías, temos que amosar o noso rexeitamento e dar a batalla democrática tamén dende os concellos.”
Levamos varios suplementos de crédito que o concello está metendo amañar estradas municipais en pésimo estado, pero se tivéramos unha ordenanza de saca de madeira poderíase controlar máis isto, xa que as sacas estarían controladas porque habería unha comunicación previa e unha supervisión posterior. Ademais, tamén se solicita a habilitación de zonas de almacenaxe de madeira en diferentes puntos.